Cos aeroportos de Galicia pasa o mesmo que coa capitalidade. Non se chegará a un acordo de común sobre cal deles debe ser o máis importante mentres non se superen os localismos e os compromisos inmediatos.
Frases coma a pronunciada polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, cando semanas atrás se entrevistou co de Santiago, Gerardo Conde Roa, para analizar o proxecto dunha estación do AVE en Lavacolla, así o poñen de manifesto. "Non se fará nunca", dixo Caballero. Aterrador pronóstico.
É loable o esforzo do alcalde compostelán ó apostar por unha estación intermodal no aeroporto de Santiago. Así o entende a ministra de Fomento, e a sí o deberían entender os responsables políticos desde calquera punto da xeografía porque nos beneficia a todos. Potenciar Lavacolla é tirar do movimento de viaxeiros cara a Galicia, polo que debería contar cun aeroporto estratéxico, máis que local. Unha estación intermodal é un interesante proxecto porque o futuro das cidades é o transporte público e ten que ser combinado para que sexa efectivo. Se unha das cuestións que decidiu a capitalidade de Galicia no seu día foi o seu aeroporto, que agora sexa unha estación intermodal a que propicie ese decisivo desenvolvemento en transportes.
Novamente o Goberno insinúa que está moi ben a idea pero que o ve difícil polo escaso presuposto do que dispón. Espérase estes días á ministra de Fomento, Ana Pastor. Prometeu unha resposta. Esperamos que non sexa tan rotunda como a de Abel Caballero.
Tamén en Santiagosiete
http://www.santiagosiete.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Puede dejar su comentario.