Páginas

sábado, 26 de octubre de 2013

Presentación do libro Destino... Cancún de Áurea Sánchez

NOTICIA DE EL CORREO GALLEGO
REDACCIÓN SANTIAGO | 22.10.2013 O salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal, de Santiago de Compostela, acolle a presentación do libro Destino Cancún da xornalista Áurea Sánchez. Destino…Cancún é un relato sobre a desaparición en México dun turista español cando pasaba uns días de vacacións. A narración revela o misterio do que lle sucedeu, cheo de mensaxes contraditorias ata que a filla do desaparecido se fai cargo da memoria familiar.


 Áurea Sánchez, xornalista de profesión, presenta a súa segunda obra editada en Meubook, despois de ter publicado e á venda baixo demanda, o ensaio Representación de la identidad femenina en los medios de comunicación. Las Marías de Santiago de Compostela. O acto que terá lugar o vindeiro mércores 23 de outubro, ás 19h estará presentado pola xornalista Rebeca Munín e contará con presenza de Lucila Ventoso, da plataforma de autoedición Meubook e a propia autora, que asinará exemplares do libro ao remate da presentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puede dejar su comentario.