Páginas

miércoles, 4 de octubre de 2023

INAUGURACIÓN DE CURTOCIRCUITO 2023

 

ACTO DESFAVORECEDOR


A película O Corno, de Jaione Camborda, estaba previsto que inaugurara o Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema de Santiago, neste ano 2023, como así foi. Pero a película viña de gañar hai so tres días a Cuncha de Ouro no festival de San Sebastián, e a súa directora e equipo recibiron os merecidos aplausos antes de comezar a proxección.

Sen embargo, aínda que se tiña que converter nunha homenaxe á directora e ó cine galego no seu conxunto, o acto desfavoreceu ó festival e, sobre todo ao Concello de Santiago.

En primeiro lugar, por pouco tempo que tiveran os organizadores para improvisar, non pode un evento comezar unha hora máis tarde do previsto sen explicación ningunha. O Auditorio de Galicia estaba cheo e non todos eran espectadores cualificados, moitos fomos alí para ver a película a un reducido prezo e, se nos daban os discursos, que estes foran axeitados.

Non foi así. Polo atril pasaron persoas responsables do evento con máis ou menos implicación sen que ningún cumprise as mínimas normas dunha alocución. Fallaron no fondo e na forma. No fondo,  porque se repetiron uns a outros sen nada de miolo no discurso. Na forma, porque se estenderon para non dicir nada novo e non fiaron a estrutura do parlamento como deberían.

So se salva a alcaldesa, Goretti Sanmartín, que fala moi ben en canto a orde de ideas, intensidade do fraseo e ton elixido en todo o que di. Pero no é suficiente para salvar o desfavorecedor acto. Hai moitos ollos mirando e moitos oídos escoitando o que sucede en Santiago de Compostela. Hai que telo en conta e non deixar para máis tarde o que temos que estar facendo agora xa.

En canto a película gañadora da Cucha de Ouro en San Sebastián, dicir que sobresaen razóns para o premio, claro que si, pero resaltan tres aspectos  tamén que chaman a atención a simple vista. Son fallos ou non, depende do que quixer dicir a directora. Non os desvelarei aquí, pero seguro que se falará deles. Podedes descubrilos a partires do día 11 de outubro nos cines.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puede dejar su comentario.