Páginas

sábado, 26 de noviembre de 2011

POPULAR E ABSOLUTO

Así é o poder de Mariano Rajoy en España. Porque non so ten a Presidencia do executivo, senón que tamén domina os gobernos autonómicos, as deputacións e os concellos. Este é o caso de Santiago. Se tiveramos que botar algunha instancia por abuso de poder, non teriamos garantías de que nos escoitaran porque canto máis arriba chegaramos co noso escrito, máis preto estariamos dunha resposta da oligarquía do partido que todo o goberna. Esta oligarquía non se vería obrigada a responder. É unha situación que haberá que corrixir canto antes.
Por outro lado é unha situación histórica porque un galego chega por primeira vez nesta etapa democrática a presidente do Goberno. Hai que destacar que Mariano Rajoy distínguese ben dos outros dous máis influístes: Francisco Franco e Manuel Fraga. E distínguese tanto que a maior crítica que lle fan é que carece de determinación. Pois si, temos un galego que pasa tempo na escaleira, pero ó meu entender é preferible e moito mellor esta característica que o que lles ocorría ós outros dous, que non lles tremaba o pulso cando tiñan que asinar o que fora.
Mariano Rajoy Brey non só é galego, tamén compostelán. O compromiso que adquire coa cidade non lle será difícil levalo a cabo porque entre Núñez Feijóo na Xunta, Conde Roa no concello e Calvo na deputación provincial, so terá que escoitalos e calar, deixar que as cousas se fagan por si soas.
O alcalde xa anunciou nada máis coñecérense os resultados electorais que convocará o Real Patroado do Consorcio no que están representadas todas as administracións enumeradas máis arriba e nas que todas, todas, están presididas por un militante do Partido Popular. E esa, por certo, é a senda marcada polo exalcalde socialista, Xerardo Estévez, porque é a única posible para Santiago.


Ver en Santiagosiete desta semana.

También podéis ver una serie de fotografías aqui:

http://fotosnoticiadeldia.blogspot.com/2011_11_01_archive.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puede dejar su comentario.